lunes, 11 de junio de 2018

Cronica

Seguindo coa celebración do noso 10º aniversario, no noso tradicional fin de semana fumos ás Medulas e ó Valle del Silencio, en León, que foi o destino do primeiro finde ó que fora eu, hai xa 7 anos.

E claro, logo de tanto tempo che da por recordar. Era eu o único que repetiu viaxe, me acordo dos que xa non están, por suposto, e sobre todo de quen nos deixou hai moi pouco tempo, e de todos os que compartiron camiño conmigo, botando moito de menos a gran parte deles.

Acórdome daquel fin de semana, nun hotel-hostal-tugurio en Ponferrada, compartindo habitación cun busero que moito roncaba, se me ablandaran 2 empastes polos ronquidos de grado 8 en la escala ritcher que pegaba o home. Pero sobre todo me acordo do que sentín ó ver por primeira vez As Médulas, o impactado que me deixou ese tremendo paisaxe, e tamén a sorpresa que encerra a galería de Orellana, do valle del silencio tamén recordo as impresionantes montañas sobre nosoutros, e esa aldea de pedra tan ben coidada.

Este ano foi moi diferente, xa personalmente, fumos ó mismo hotel que o ano pasado en Astorga, un sobervio hotel con SPA que disfrutamos, e na puxante e viva Astorga, que é moi diferente a Ponferrada, para mellor, As Médulas en pleno esplendor de verde, ese contraste roxo da terra co verde dos castaños centenarios e novos, hai que velo desde logo, ó menos una vez. No valle del Silencio ó ir coa primavera mais avanzada que daquela, poidemos disfrutar do silencio que lle da nome envoltos na luz verde das follas novas. Comimos alí, na taberna que visitáramos da outra vez, boa comida, bon ambiente, uns días soleados sin apretar a calor.

Foi un fin de semana para recordar, polas paisaxes, por Astorga, pola xente, polo tempo que nos tocou, esperando estar dentro doutros 7 anos, ou de 10, que por eso nos esforzamos todos, nos vemos na próxima, en realidade xa nos vimos.

Juan

Powered by Wikiloc


Powered by Wikiloc